POR VONTADE E LEDICIA

AnaeAlejandro

SÁBADO

Que chegue, pois, o día e nos atope a todos reunidos.

Confirmar asistencia Le a nosa invitación

A NOSA MENSAXE

Facemos saber

A todos aqueles a quen chegue esta mensaxe, facemos saber:

Que no décimo noveno día do mes de xuño do ano dous mil vinte e sete, nós, Ana e Alejandro, celebraremos a nosa unión e reuniremos arredor de nós a familia, as amizades e todas aquelas persoas coas que desexamos compartir tan sinalado día.

Un lugar baixo segredo

Para tal ocasión escollemos un lugar que, polo de agora, ha permanecer baixo segredo.

Só podemos revelar que o encontro terá lugar en terras próximas á Capital do Reino de Galicia e que, chegada a hora, faremos chegar a cada un de vós as indicacións precisas para atopar o camiño.

Únete ao grupo de WhatsAppPor esta vía faremos chegar os avisos do encontro.
RESPOSTA Á INVITACIÓNPASO 1 DE 3

Virás celebrar connosco?

Fainos saber se estarás connosco neste encontro.

Unha resposta por persoa. Tamén podes cubrir a de alguén que precise axuda.

Poderás revisar todo antes de enviar.

SOBRE O ENCONTRO

Non agardedes, porén,
unha celebración ao uso.

Haberá natureza, lume e boa mesa. Haberá música e festa e, chegada a noite, será a lúa chea quen presida o encontro.

PARA O CAMIÑO E A FESTA

Sobre as vosas galas

Acudide coas vosas mellores galas, pois a ocasión ben o merece. Mais todo bo viaxeiro sabe que o camiño pode mudar ao caer a noite: traede tamén convosco calzado cómodo para máis adiante.

Se o tempo nos acompaña, parte da celebración levaranos por terreo menos firme, e non queremos que tacóns nin zapatos delicados dean por rematada a festa antes ca nós.